Ola! , chámome Mariola.
Grazas por visitar o meu anuncio en Topnanny.
Monitora de Tempo Libre, con formación en Educación Infantil e estudos universitarios e musicais acreditados, ofrézoche o meu tempo como nanny para axudarche no coidado da/do túa/teu pequena/o, cando ti non podes.
Ademáis de toda esa formación que podes ler arriba, conto con experiencia demostrable e acreditable en actividades de tempo libre, ocio cultural e docencia, e traballo como dinamizadora cultural e formadora na actualidade, profesións que compatibilizo coa de escritora de literatura infantil e para adultos.
Creativa, asertiva, empática e paciente, podo axudar á cativa/ó cativo tamén coas súas tarefas escolares ou contribuír á súa mellor formación en idiomas ou música (son violinista!).
Para consultar tarifas e horarios dispoñibles, ou sobre calquera dúbida que se che poida presentar, por favor, non dubides en contactar comigo a través do meu correo electrónico, do teléfono que atoparás a continuación, ou deixando unha mensaxe no buzón de correo desta mesma plataforma de Topnanny.
Un saúdo e moitas grazas polo teu tempo!
María Nieves peut vous fournir sur demande les coordonnées d’anciens employeurs qui la recommandent.
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation