Annonce créée il y a plus de 3 ans
Chámome Adrián e actualmente son estudante de Educación Primaria en Santiago de Compostela. Dende sempre se me deron ben os e as peques e a partires de traballar como acompañante de bus no transporte escolar, decidín meterme a estudar o Título de Técnico Superior en Educación Infantil, o que me levou á súa vez a realizar as prácticas na escola Semente de Vigo, lugar onde me contrataron para os campamentos de verán.
A cativada considérame gracioso, amable e afectivo, algo que tamén levo traballando dende que comecei a estudar, xa que desafortunadamente, non todo o mundo sabe tratar con nenos da maneira que precisan e merecen.
Nunca tratarei con eles e elas dende unha posición de autoridade que busque establecer "medo" e "respecto", senón dende un acompañamento afectivo que os axude a sentirse cómodos e cómodas coa persoa que coida deles.
Penso na educación como o instrumento para acadar unha sociedade mellor, por iso estudo o que estudo. Sen embargo, tamén son consciente de que se pode aprender moito das persoas que te coidan fóra dunha aula, así que, ademais de tentar dar solución a unha situación na que a conciliación se fai complicada para as familias, tentarei acompañar na medida do posible a un desenvolvemento integral con todas as ferramentas das que dispoño actualmente, e que espero adquirir durante a carreira (xogos, lectura de contos e libros, emprego da música, visionado de contido audiovisual que aporte algo...).
Podería seguir escribindo e alongando a miña visión sobre a importancia de figuras afectivas que rodeen o entorno dos máis peques, incluíndo evidentemente o que coñecemos como "canguros" pero penso que vos podedes ir facendo unha idea.
Graciñas por lerme!
Babysitting ponctuel | 10,00 € de l’heure |
Garde partielle / périscolaire | 8,50 € de l’heure |
En realidade elexín ese número porque había que poñer unha cifra, pero evidentemente adáptome á situación socioeconómica de cada familia, non estou aquí para volverme rico, estou para botar un cable e grazas a ese servizo de coidado que ofrezo, recibir unha cantidade digna por dita axuda.
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandationConfiance
Tarifs
Babysitting ponctuel | 10,00 € de l’heure |
Garde partielle / périscolaire | 8,50 € de l’heure |
En realidade elexín ese número porque había que poñer unha cifra, pero evidentemente adáptome á situación socioeconómica de cada familia, non estou aquí para volverme rico, estou para botar un cable e grazas a ese servizo de coidado que ofrezo, recibir unha cantidade digna por dita axuda.