Ola! Son unha rapaza de 20 anos que busca un traballo de verán para axudar á miña nai a pagar os meus estudos superiores e cos gastos familiares.
Sempre me caractericei por ser unha persoa responsábel e comprometida, se ben tamén sei divertirme cando a ocasión o permite. Polo tanto, trasladarei esas cualidades ao meu traballo como canguro.
Tamén me gusta realizar manualidades e actividades ao aire libre, así coma cociñar platos deliciosos con verduras e legumes, e algún que outro postre (como en Compostela vivo sóla, cociño para min sempre)
Por outra banda, non teño maior problema en axudar aos rapaces coas tarefas de verán, xa que superei o bacharelato con matrícula de honra, ou en propoñerlle actividades noutros idiomas (teño un nivel de C1 en inglés acreditado por Cambrigde)
Gustaríame poder facer algo produtivo este verán que me permita ter máis soltura económica para o próximo curso na universidade.
Moitas grazas polo seu tempo.
Un saúdo,
Cecilia
Garde partielle / périscolaire | 6,00 € de l’heure |
Poño seis euros porque é o que eu entendo xusto. Por unha banda, necesito os cartos, mais tamén entendo que non teño experiencia
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation
Confiance
Tarifs
Garde partielle / périscolaire | 6,00 € de l’heure |
Poño seis euros porque é o que eu entendo xusto. Por unha banda, necesito os cartos, mais tamén entendo que non teño experiencia