Annonce modifiée le 22 décembre 2020 à 06:32
Ola! Chámome Ana, recén graduada en Educación Infantil estou buscando traballo para poder compaxinalo cos meus actuais estudos. Teño experiencia no coidado de nenos/as e na realización de actividades lúdicas e dinámicas para a súa aprendizaxe. Neste sentido, podo dicir que a miña formación e experiencia acreditan a miña capacidade para o traballo cos máis cativos/as. Considérome unha persoa aberta, alegre, amable, traballadora e moi responsable. Encantaríame poder axudarlle a conciliar a súa vida laborar e coidar dos seus nenos/as; para min sería unha experiencia enrriquecedora tanto a nivel laboral como persoal. Podo coidar dos cativos/as e todo o que isto conleva; xogar con eles, ensinarlles novas aprendizaxes dun xeito lúdico, etc. Do mesmo xeito podería realizar labores domésticas se fose preciso. Por outra banda, e para quen estivese interesado/a podería realizar actividades en lingua inglesa cos cativos/as (conto co certificado B2 de Inglés pola Universidade de Cambridge).
Se está buscando alguén responsable, respectuosa, e comprometida cos nenos/as e co seu traballo, non dubiden en contactar comigo.
Un saúdo!
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation