Moi boas, chámome Antía e son da Costa da Morte.
Teño o graduado en bellas artes e actualmente curso dirección de empresas na universidade de Santiago. Isto ocúpame as tardes de 4 a 9, polo que busco traballo de mañá que remate antes das 2.
Posúo o ciclo superior de laboratorio de análise e control de calidade co consecuente título de primeiro auxilios da Cruz Vermella.
Teño vivido en Canadá, Inglaterra, Alemaña e Corea do Sur, esta última pra cursar estudios universitarios. O meu nivel de inglés é universitario académico con gran fluidez na fala.
Levo un ano dando clases privadas de debuxo e pintura tanto a meniñas coma nun centro pra persoas con trastornos mentais.
Desfruto de cociñar saudable e na carreira realicei clases de preparación pra crear actividades estimulantes na ensinanza. Creo que a actividade motora é tan importante coma a mental e considero que os xogos máis tradicionais que escapan das pantallas son máis beneficiosas pra correcta formación dos bebés. Actualmente estou a sacar o carnet de conducir.
Babysitting ponctuel | 8,00 € de l’heure |
Garde partielle / périscolaire | 7,50 € de l’heure |
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandationConfiance
Tarifs
Babysitting ponctuel | 8,00 € de l’heure |
Garde partielle / périscolaire | 7,50 € de l’heure |