Annonce modifiée le 11 juin 2021 à 06:30
Meu nome é Sandra, son unha muller de 31 anos de idade á que lle gustan os nenos.
Teño paciencia e moito tacto con eles, son tranquila, cariñosa, alegre, divertida e sempre estou con bo humor, xa que me parece esencial para vivir felices e facer que os cativos se sintan ben.
Teño experiencia cuidando nenos da miña propia familia, dende bebés até algo maiores, pero tamén teño experiencia con nenos que non forman parte da miña familia, xa que teño impartido cursos de música en diversos centros culturais e centros cívicos con nenos dende 6 anos de idade en adiante.
Teño estudos musicais e formación instrumental, teño titulación en Fotografía e Artes Gráficas e tamén posúo os títulos de monitora de transporte escolar, monitora de comedor escolar, carnet de manipuladora de alimentos e monitora especialista en ludotecas e centros de ocio infantil.
Podo ofrecer dende levantálos, axudar a vestirse, axudárlles a almorzar, leválos ao colexio, axudárlles a comer, até atendelos polas tardes e entretélos ou polas noites para que non queden sós, entre outras cousas.
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation