Son unha rapaza de 22 anos. Graduada en Educación Social e actualmente continúo formándome de forma online para unha maior flexibilidade laboral.
Busco un traballo a tempo parcial (prioritariamente) de coidado de nenos/as. Teño experiencia anterior de coidar algúns nenos/as cercanos/as á familia, sobre todo entorno aos 3/6 anos, pero non teño problema en coidar nenos/as doutras idades. Estou disposta a adaptarme e aprender todo o posible e necesario. Non tería problema en axudar tamén con certas tarefas do fogar.
Gústame axudalos/as en todo o posible, falar e xogar con eles/elas... Son partidaria de que os rapaces non estén conectados seguido a un móbil, tablet... opto por que se entreteñan con actividades ao aire libre, actividades deportivas, manualidades, etc.
Son unha persoa responsable, ordeada, paciente e empática
Conto con carnet de conducir e coche propio.
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation