Annonce modifiée le 3 novembre 2021 à 09:59
Son graduada en Educación Infantil e teño formación complementaria na que podo destacar educación emocional, pedagoxía Montessori, educación non sexista ou pedagoxía baseada no xogo. Teño experiencia profesional nunha escola infantil (2 a 6 anos) onde a metodoloxía que apliquei respecta o desenvolvemento e individualidade das crianzas, algo que para min é primordial. Tamén teño experiencia como nanny con crianzas de 5 meses a 10 anos.
Teño facilidade en crear lazos afectivos coas crianzas. Móstrome alegre, divertida, dinámica e teño moitos recursos e creatividade para solucionar conflitos dunha maneira respectuosa.
A competencia que destaco a desenvolver coas crianzas é a autonomía persoal e a competencia de aprender a aprender. É moi importante marcar certas normas e rutinas, así as crianzas se sinten seguras ó mesmo tempo que van aumentando a súa autonomía para que cada vez precisen menos das persoas adultas, aumenten a súa autoestima e autoconfianza.
Sempre falamos do que xa aprendemos, que antes non sabíamos facer, do que estamos aprendendo e do que nos falta por aprender. Deste xeito somos conscientes das aprendizaxes propias, aumenta a súa motivación por aprender e ó ser consciente do aprendido, saben que con esforzo podemos melloralo todo.
O tema das emocións e de como nos sentimos tanto a nivel físico como emocional é un tema diario. Moitas veces non somos conscientes do importante que é que vaian aprendendo a identificar as súas emocións (e as das demais persoas), entender que é o que lles pasa ás veces basta para que esa emoción cambie, para que se sintan comprendidos tanto polos demais como por eles mesmos e traballen o autocoñecemento.
Sandra peut vous fournir sur demande les coordonnées d’anciens employeurs qui la recommandent.