Annonce modifiée le 17 juillet 2022 à 06:30
Ola! Son Mariña, teño 23 anos e son estudante na USC, rematando o mestrado de profesorado para educación secundaria.
Teño o grao en Humanidades, ademais de 10 anos de formación en música no conservatorio (cello e piano complementario), outros tantos de teatro e artes escénicas e formación en linguas (inglés e portugués básico). A miña experiencia coidando crianzas baséase no coidado de meus irmáns e primos xa que son a maior na casa. Ademais de coidados, podería ocuparme tanto de comidas como da axuda para as tarefas da escola. Coñezo moitos xogos, contos e actividades para facer na casa ou no exterior. Sería un pracer poder pasar o tempo con eles!
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation